Reconquista 2018

08 de abril, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Festa Rachada!!!!!!!!!!!!!!!!!

IMG_7256
Deixa un comentario

Festa da Reconquista de Vigo

29 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Foi no ano 2011 que tiven a honra de representar a Festa da Reconquista. e a cidade de Vigo. co deseño do cartaz das festas dese ano que se titulaba "Bandeiras de Loita e Liberdade" con anterioridade, premonitoria-mente, ficara como finalista con outro deseño. A festa da Reconquista son unas celebracións que desfuto especialmente polo significado histórico e popular que teñen e na cales procuro integrarme vestindo roupas da época e desta maneira vivir toda a festa desde dentro.Anímovos a participar e gozar das nosas tradicións.

Este foi o deseño gañador daquel ano.

Bandeiras de Loita e Liberdade
Deixa un comentario

Semana Santa 2006

26 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

No 2006 tiven a ocasión de fotografar a Semana Santa en Sevilla, descubrín da mao de un guía estupendo, a paixón coa que viven naquelas terras esa festividade, as procesións ofrecen a posibilidade de tirar fotografías espectaculares  onde os sentimentos afloran nos rostros das persoas.Deixo aquí un resumo fotográfico daquela experiencia que tanto disfrutei. 

IMG_9654
Deixa un comentario

Boas vindas Primavera

21 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Onte, a pesar do frio comenzou a primavera, un novo ciclo vital inicia co agromar da vida en toda a natureza, de novo fomos quen de vencer as tebras e o inverno, vamos lá con entusiasmo ver que nos depara esta etapa, sorte a tod@s.

Flor amarela
Deixa un comentario

Espacios de Confusión

19 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Cada dia gustame mais a fotografia en blanco e negro, será a  força que lle imprime a ausencia de cor que permite expresar mellor os sentimentos e centrar nas formas que encerra a imaxe toda a atención, non sei, tal vez sexa iso ou quizas outra cousa mas sinto cada vez mais a sua atración.

IMG_5579
Deixa un comentario

Antes VS Agora

17 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Eis unha comparativa do que foi e do que é a minha tenda, estou contentisimo do resultado é unha desas cousas que te axudan a continuar a traballar con o entusiasmo do primeiro dia.

IMG_4913
Deixa un comentario

Renovarse ou...

16 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Renovarse ou...

Na vida profesional é obrigatorio adaptarse aos tempos, adaptarse as novas tecnoloxías, adaptarse as novas visións do negocio; as mudanzas non paran e fan imprescindible a renovación da mentalidade, dos equipos e dos espazos de traballo. Estes dias estivemos modificando a tenda para adaptala as novas formas de traballo nas que agora estamos inseridos, a venta de material e revelado deixa paso a un traballo mais profesional así que o que antes estaba pensado para atender a un publico concreto agora convertese nun espazo de atención mais personalizada nas diferentes areas do traballo, e o que antes era tenda agora convertese en estudio.

Continuamos avanzando.

Eis as fotos da nova tenda

IMG_4788
Deixa un comentario

13 Mulleres fotógrafas

08 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Calquera dia é bo para falar de fotografas ora hoxe até é especialmente bo, preme na foto para acceder ao contido.

Deixa un comentario

VIII Cross Monterrey

07 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

O pasado Domingo celebrouse o VIII Cross Monterrey, eu encargueime de deixar rexistrado en imaxes o acontecemento. O Cross foi un éxito tanto de participantes como de publico, os atletas esforzáronse ao máximo  e iso é o que eu intentei deixar rexistrado nas tomas.

A reportaxe componse de 878 fotografías, unha gran cantidade de imaxes con a intención de deixar ao máximo posible de participantes rexistrado, todas as fotos están cargadas na nosa web en 5 albumes diferentes cada un deles inclúe unha parte da reportaxe e aparecen en orde cronolóxica.

Para acceder os albumes preme encima de cada icona, unha vez dentro do álbum localiza as fotos que desexas descargar e preme en baixar.

 

 IMPORTANTE: SE ALGUÉN NON DESEXA QUE AS SUAS FOTOS APAREZAN NA WEB QUE NOS ENVIE UN MAIL A viluxfotografia@gmail.com INDICÁNDONOS A REFERENCIA DAS IMAXES E NO MENOR PRAZO POSIBLE RETIRARÉMO-LAS DA WEB

      DISFRUTAR DAS FOTOS

Deixa un comentario

VIII Cross Colexio Monterrey

04 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Hoxe tocou fotografar deporte, foi no Colexio Monterrey que celebrou o VIII Cross Colexio Monterrey con un absoluto exito de participantes e publico, deixo, para abir boca, unha minima mostra das fotos que tirei, en breve podereis ver as demais.

IMG_2028
Deixa un comentario

Porta Azul

23 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

A porta do céu,

A porta do mar,

A cor da serenidade. 

IMG_1151
Deixa un comentario

Tudo fica marcado na piel

21 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

O tempo, o movemento, o roze, tudo fica marcado na piel, tudoi vai deixando a sua marca sobre nós.

IMG_1239
Deixa un comentario

Home olhando o Mar

18 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Boa maña de paseo por Samil, o Sol que hoxe quixo ser protagonista e nós necesitados del recibindo com brazos abertos, o mar sempre evoca a pensar e a se relaxar.

IMG_1267
Deixa un comentario

Mergullador

14 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

No museo do mar un mergullador solitario observa o mar a través do cristal como se fora o ultimo ser vivo que fica no mundo.

IMG_0516
Deixa un comentario

Samil entre Lusco e Fusco

12 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Samil, Domingo 11/02/18 entre Lusco e Fusco

IMG_0700
Deixa un comentario

Visita a expo do Pergamiño Vindel

11 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Un domingo é un bo dia para facer aquelas cousas que o traballo impide facer durante a semana, tiña pendente visitar a exposición que sobre o pergamiño Vindel está instalada desde fai un tempo no museo do mar, hoxe aproveitei a maña para saldar esta conta, recomendo a todo o mundo que se non se achegou o faga, tendes ata o 4 de Marzo para ir, teredes a oportunidade de coñecer unha parte importante da nosa identidade cultural, lingüística e musical, é un documento importantísimo  que na actualidade é propiedade dun museo norteamericano, se pensades ir o meu consello e que vos informedes en que horas hai visita guiada desa maneira sairedes dalí coñecendo con mais detalle todo o que envolve este documento e o seu tempo. Deixo unha serie de fotos que tirei na miña visita.

IMG_0560
Deixa un comentario

Merdeirada Infantil

05 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Onte saiu a rúa a Merdeirada Infantil acompañada dos Merdeiros, andiveron polas rúas do casco Vello facendo as suas falcatruadas, batendo na xente e en todo o que atopabam diante deles.
Esta figura do Entroidol tradicional Vigués está sendo recuperada despois de un tempo esquecida e polo visto na tarde de onte a canteira é grande e está ben aprendida.

Avante o Entroidol!!!

Nesta ligazón podereis asistir a web do Merdeiro:

http://omerdeiro.org/



Clicar na foto para ollar a galeria de imaxes que tirei onte durante a Merdeirada:

Deixa un comentario

"Viaxe polo mundo da Máscara"

03 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

 

Foi onte que celebramos a inauguración da exposición de Mercedes Vázquez Saavedra "Viaxe polo mundo da Máscara"unha mostra que xira arredor do mundo dos Entroidos galego/portugueses, a mostra está composta por unhas 55 fotografías que representan os entroidos galegos e unhas 58 representativas do mundo da máscara portuguesa. A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira acolleunos como fai sempre con os brazos abertos e coa máxima colaboración a destacar a de Alfredo e Juan sen eles non seria posible realizar este acto.

A presentación correu a cargo de Juan Liñares en nome da Asociación Cultural Vista Alegre que estivo acompañado porla presidenta Dolores Sangiao, Juan agradeceu a Mercedes Vázquez Saavedra a súa dispoñibilidade para mostrar a súa obra na sala de exposicións da Asociación Cultural e fixo unha valoración das fotos presentes na expo. Seguidamente tocoume intervir a min como co-ordenador da mostra e amigo da artista que falei un bocadiño da miña relación con Mercedes, como nos coñecemos e sobre todo como conectamos nese mundo interior que algunhas persoas compartimos e que nos une sin que para iso sexa necesaria a presencia física. Seguidamente falou a protagonista da exposición, Mercedes explicou polo miúdo esa paixón que ten polo mundo da máscara, falounos das súas vivencias nelas das datas nas que se celebran e como curiosidade a xente soubo que en Portugal a maioría das máscaras saen no Natal, soubemos tamén detalles que envolven moitas das imaxes que fan parte da expo e ficamos con gañas de coñecer mais profundamente todo o que encerra esta representación cultural tan ancestral. Finalizou a quenda de palabra a concelleira de Cultura e Turismo do concello de Silleda Ana Luisa Gonzalez Costa que en nome do concello deu os parabéns a todos os que fixeran posible a mostra, en especial a Mercedes Vázquez Saavedra, e loubou o traballo presentado, animou a Asociación Cultural para continuar desenvolvendo unha actividade tan dinámica como a que veñen facendo ata a data.

Finalizouse o acto con uns petiscos para todas as persoas asistente na propia sala de exposicións.

Lembrar que a exposición vai estar aberta ata o 25 de Febreiro de Luns a Venres

Veñan mais!!!

Preme na foto para ver unha galería de imaxes do acto de inauguración:

Deixa un comentario

Historias de un Domingo

28 de xaneiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Non todo na miña faceta de fotógrafo ten sempre como fin o interese comercial, eu son fotógrafo a tempo completo porque a fotografía é para min unha paixón, por veces surde a ocasión de exercitar esta paixón deixando nun segundo termino esa faceta comercial, este foi o caso de hoxe, vin que pasaba pola rúa na que vivo a carreira popular "I Carreira Calvario 5+5" organizada pola Asociación de Veciños do Calvario e decidin que tiña que fotografar a eses e esas esforzadxs deportistas asi que apañei a cámara e baixei a rúa, este é o fruto do meu traballo:

*Preme encima da foto para descargar as imaxes desta carreira e se participaches buscate, se te fotografei descarga a tua foto como premio ao teu esforzo, ollo tarda en cargar por que son muitas imaxes.

 *Se non queres que a tua imaxe apareza na web envianos un correo a viluxfotografia@gmail.com e procederemos o antes posible a retirada da imagen do noso servidor.

Deixa un comentario

Fervenza do Toxa

16 de xaneiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Paisagens

Deixa un comentario

Photoshop si, mais com moderación

16 de xaneiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Vai unha noticia que parece ser certa do que se pode chamar abuso do Photoshop 

Preme encima da foto para acceder a noticia

FOTO

Deixa un comentario

Praia da Fonte

15 de xaneiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Foto do dia: Praia da Fonte

:Foto do Dia

Deixa un comentario