"Viaxe polo mundo da Máscara"

03 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

 

Foi onte que celebramos a inauguración da exposición de Mercedes Vázquez Saavedra "Viaxe polo mundo da Máscara"unha mostra que xira arredor do mundo dos Entroidos galego/portugueses, a mostra está composta por unhas 55 fotografías que representan os entroidos galegos e unhas 58 representativas do mundo da máscara portuguesa. A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira acolleunos como fai sempre con os brazos abertos e coa máxima colaboración a destacar a de Alfredo e Juan sen eles non seria posible realizar este acto.

A presentación correu a cargo de Juan Liñares en nome da Asociación Cultural Vista Alegre que estivo acompañado porla presidenta Dolores Sangiao, Juan agradeceu a Mercedes Vázquez Saavedra a súa dispoñibilidade para mostrar a súa obra na sala de exposicións da Asociación Cultural e fixo unha valoración das fotos presentes na expo. Seguidamente tocoume intervir a min como co-ordenador da mostra e amigo da artista que falei un bocadiño da miña relación con Mercedes, como nos coñecemos e sobre todo como conectamos nese mundo interior que algunhas persoas compartimos e que nos une sin que para iso sexa necesaria a presencia física. Seguidamente falou a protagonista da exposición, Mercedes explicou polo miúdo esa paixón que ten polo mundo da máscara, falounos das súas vivencias nelas das datas nas que se celebran e como curiosidade a xente soubo que en Portugal a maioría das máscaras saen no Natal, soubemos tamén detalles que envolven moitas das imaxes que fan parte da expo e ficamos con gañas de coñecer mais profundamente todo o que encerra esta representación cultural tan ancestral. Finalizou a quenda de palabra a concelleira de Cultura e Turismo do concello de Silleda Ana Luisa Gonzalez Costa que en nome do concello deu os parabéns a todos os que fixeran posible a mostra, en especial a Mercedes Vázquez Saavedra, e loubou o traballo presentado, animou a Asociación Cultural para continuar desenvolvendo unha actividade tan dinámica como a que veñen facendo ata a data.

Finalizouse o acto con uns petiscos para todas as persoas asistente na propia sala de exposicións.

Lembrar que a exposición vai estar aberta ata o 25 de Febreiro de Luns a Venres

Veñan mais!!!

Preme na foto para ver unha galería de imaxes do acto de inauguración:

Deixa o teu comentario
O teu enderezo de correo electrónico non será publicado

3 + 6 =

Últimas entradas

Categorías