Visita a expo do Pergamiño Vindel

11 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentario -

Un domingo é un bo dia para facer aquelas cousas que o traballo impide facer durante a semana, tiña pendente visitar a exposición que sobre o pergamiño Vindel está instalada desde fai un tempo no museo do mar, hoxe aproveitei a maña para saldar esta conta, recomendo a todo o mundo que se non se achegou o faga, tendes ata o 4 de Marzo para ir, teredes a oportunidade de coñecer unha parte importante da nosa identidade cultural, lingüística e musical, é un documento importantísimo  que na actualidade é propiedade dun museo norteamericano, se pensades ir o meu consello e que vos informedes en que horas hai visita guiada desa maneira sairedes dalí coñecendo con mais detalle todo o que envolve este documento e o seu tempo. Deixo unha serie de fotos que tirei na miña visita.

IMG_0560
IMG_0568
IMG_0577
IMG_0583
IMG_0586
IMG_0587
IMG_0591
IMG_0597

Deixa o teu comentario
O teu enderezo de correo electrónico non será publicado

6 + 5 =

Últimas entradas

Categorías