Pre-casamento, si/non? Post-casamento, si/non? A que hora temos que estar preparados? A que hora teño que chegar a cerimonia? Como vamos facer as fotos dos grupos familiares, dentro/fora? Donde vamos facer as fotos de exterior? Canto tempo vamos tardar? Ata que hora vas estar no restaurante? estas son as vosas preguntas.

Como imaxinades que van ser as vosas fotos? como vos gustarian que foran? Cales son as vosas aficións? Tendes reparo a hora de expoñervos ao publico? estas són as miñas preguntas.

Si, sei que son un monte de preguntas pero: 

acougar!! 

son preguntas que teñen facil resposta se as resolvemos  en conxunto entre vós e mais eu, e son preguntas necesarias para obter uns resultados optimos, diso se trata, de planificar e comenzar o traballo pola base, porque un casamento comenza a fotografarse o dia en que vós, os noivos, decidides quen vai ser a persoa que se encargue de realizar as vosas fotos dese dia tan especial.

Vamos con un exemplo do proceso de traballo que acostumo a seguir:

 Este é o meu método de traballo

 Paso 1: O primeiro contacto

Tal vez chegaras aqui por que alguem che falou de min ou quizas o motivo fora outro fora como fora comenzaremos de cero e falaremos neste primeiro contacto de datas para certificar que poderemos cubrir o evento ademais faremos unha primeira valoración que sirva para comprobar que por ambas partes coincidimos no primordial e polo tanto podemos avanzar con o horizonte de realizar o traballo o obxetivo principal deberia ser marcar unha data para un seguinte encontro donde xa poder tratar con detalle todo a respecto dese encargo.

Paso 2: O momento da planificación

Verémonos por segunda vez, coñecerémonos e vamos prestar atención aos detalles, vamos realizar pre-casaemento e psot-casamento, como imaxinais as vosas fotos que tipo de album quereis, falaremos de localizacións, traxes e demais detalles, desixarmos cerrado o tema dos prezos e poderei responder calquera pregunta que teñas! Concretaremos horas do evento, intercambiaremos números para que poidas contactarme en calquera momento e a partir daqui manterémonos en contacto ata o día da  celebración.

Esta consulta inicial é moi importante para que toda a experiencia fotográfica posterior vaia xenial. Esta reunión vaime permítemecoñecervos e averiguar exactamente o que necesitades. Tamén nos permite sentirnos mais cómodos durante o día da reportaxe, que é moi importante porque vos axudará a relaxarvos e que as fotos teñan toda a naturalidade que lle queremos imprimir. Neste dia tamén marcaremos a seguinte cita.

 Paso 3 : Antes do gran dia

Uns 10 dias antes do gran dia volveremos a reunirnos desta volta será para certificar que todo o falado ata aquí se mantén tal como acordaramos ou matizar calquera modificación de ultima hora.

Paso 4: O Gran día

 E chegou o dia, a predisposición ten que ser sempre positiva, sabemos que todo está baixo control, sabemos o que queremos e confiamos en nós así que todo o que temos que facer é divertirnos, gozar vós do voso momento, de estar con a vosa xente e vivir intensamente cada instante e eu gozar realizando esas fotografías que van deixar constancia da felicidade dese acontecemento e coas que poderedes revivir ese dia de novo cada vez que visionedes unha desas imaxes.

Despois de pasado o dia compartiremos alguna imaxes nas redes sociais a espera de que o traballo final estea listo para poder ser entregado.

Paso 5: Primeiro visionado

Despois de un tempo que dependera de varias circunstancias, chega a hora de botar unha primeira olhada ao traballo, neste momento tratase de unha primeira valoración e analises do pre-albun que vos presentamos, acabado este proceso xa só resta aguardar que se imprima o traballo para proceder a entrega do voso album de voda.

Paso 6: A super entrega

¡Esta é definitivamente a parte máis emocionante do proceso! Despois do tempo marcado desde a data da voda, reunirémonos no estudio para visionar todo o traballo acabado, e sen dubida volveremos a recordar e comentar os momentos mais emocionantes e entrañables das vivencias conxuntas, estou certo que a partir dese dia volveremos a encontrarnos para volver revivir outros eventos xuntos.

Preparado para as tuas impresionantes imáxes?  Comencemos>>

Galerias