Método de Traballo

No momento actual a miña meta a hora de afrontar un traballo é ser capaz de transmitir nas miñas fotos os sentimentos que as personas que fotografio están vivindo nese instante, é deixar plasmada en cada imaxe a emoción dun abrazo a complicidade de unha mirada ou a paixón dun beso, é por iso que poño o esforzo e toda a miña capacidade creativa ao servizo dese fin.

Para alcanzar ese obxetivo é necesario realizar con anterioridade a data do evento unha planificación o mais detallada posíbel de como está programado que sucedan as cousas e das ilusións e esperanzas que cada cliente ten depositadas en como debe suceder todo nese dia; tamén é imprescindíbel coñecer o que cada persoa/parella espera dese traballo que nos encargan por iso deberemos coñecernos respectivamente para xerar un ambiente de confianza e saber gustos aficións etc. etc. que nos permitan realizar un traballo único en cada caso.

trabalho

 

Paso 1) Primeiro contacto: Fora como que fora, sucedera como sucedera ti/vós chegastes para interesarvos por unha sesión unha reportaxe... neste primeiro contacto, ademais dunha valoración que sirva para comprobar que por ambas partes coincidimos no primordial e polo tanto podemos avanzar no horizonte de realizar o traballo, o obxetivo principal deberá ser marcar unha data para un seguinte encontro donde xa poder tratar con detalle todo a respecto do encargo.

Paso 2) Data do café... ou data do té, data do refresco, ou do que ti queiras! Verémonos por segunda vez, coñecerémonos. É aquí cando repasaremos os detalles dos prezos, falaremos de localizacións, traxes e demais detalles, e poderei responder calquera pregunta que teñas! Concretaremos horas do evento, intercambiaremos números para que poidas contactarme en calquera momento. Serás oficialmente tratado como cliente honorable! E manterémonos en contacto ata o día da túa sesión/reportaxe...

Este é o momento da planificación e creación do rodaxe dos teus soños por iso esta consulta inicial é moi importante para que toda a experiencia fotográfica posterior vaia xenial. Esta reunión vaime permíteme coñecerte/coñecervos e averiguar exactamente o que necesitades. Tamén nos permite sentirnos mais cómodos durante o día da reportaxe, que é moi importante para axudarte a relaxarte e que as fotos teñan toda a naturalidade que lle queremos imprimir. Neste dia tamén marcaremos a seguinte cita.

 Paso 3) Antes do gran dia: Uns 10 dias antes do gran dia volveremos a reunirnos desta volta para certificar que todo o falado ata aquí se mantén tal como acordaramos ou,se for o caso, matizar calquera modificación de ultima hora.

Paso 4) O Gran día: E chegou o dia, a predisposición ten que ser sempre positiva, sabemos que todo está baixo control, sabemos o que queremos e confiamos en nós así que todo o que temos que facer é divertirnos, gozar vós do voso momento, de estar con a vosa xente e vivir intensamente cada instante, eu de realizar esas fotografías que van deixar constancia da felicidade dese acontecemento e coas que poderedes revivir ese dia de novo cada vez que visionedes unha desas imaxes.

Despois de pasado o dia compartiremos alguna imaxes nas redes sociais a espera de que o traballo final estea listo para poder ser entregado.

Paso 5) A super entrega: Esta é definitivamente a parte máis emocionante do proceso! Despois do tempo marcado desde a data da sesión/reportaxe, reunirémonos no estudio para visionar todo o traballo acabado, e sen dubida volveremos a recordar e comentar os momentos mais emocionantes e entrañables das vivencias conxuntas, estou certo que a partir dese dia volveremos a encontrarnos para revivir outros eventos xuntos.

Comenzamos