Somos dous fotógrafos que decidimos unir os nosos camiños individuais nun emocionante proxecto común: fotografar Emocións.

E para iso, para a fotografía das emocións e os  sentimentos, nada mellor que a fotografia de Voda.

Fotografar un casamento non se limita a retratar fríamente ás persoas que participan nel, unha celebración como esta ten dentro de todos os protagonistas moitas emocións: a familia que nos acompaña , as lembranzass dos seres queridos que non poden estar connosco ese día, a compañía dos amigos ou a festa final, é, polo tanto, a esencia de todos estes momentos que deben ser inmortalizados.

  Este é o noso reto, capturar e ofrecerche imaxes que che transmitan a emoción de cada mirada, de cada momento vivido o día máis especial da túa vida, o día da túa voda.